RESUMO CV Socorro Castro García
Na actualidade son Profesora Titular de Química Inorgánica na Universidade da Coruña (na que levo 10 anos). Fago investigación en Ciencia de Materiais ou Química do Estado Sólido. En concreto, dedícome á preparación, caracterización e estudo de propiedades de diferentes óxidos metálicos aplicables como:
· materiais dieléctricos (p. ex. en condensadores, para almacenamento de enerxía),
· cátodos para baterías de litio (un compoñente de moitas baterías de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, etc.),
· ou nanopartículas de óxidos de ferro que funcionan como transportadores de medicamentos (imáns nanométricos aos que se poden "pegar" medicamentos que se introduzan no corpo e se podan dirixir coa axuda dun campo magnético externo).
Estudei Química na Universidade de Santiago de Compostela, e presentei alí a Tese Doutoral no 1994. A investigación foi sobre ferritas, materiais moi utilizados como imáns, por exemplo para fabricar cintas de gravación magnética (de casetes, de vídeo), para as bandas magnéticas de tarxetas ou para disquetes de ordenador.
Despois cambiei 1 ano de onda e traballei no laboratorio dunha empresa de análise de pescados e mariscos, en VIGO (ANFACO).
Pero enseguida volvín á Universidade, e durante 3 anos estiven vivindo entre París e Lugo mais a Coruña, dando clase en Lugo e A Coruña durante uns meses ao curso e, a maior parte do tempo, en París, facendo investigación. Alí traballei con materiais electrocromos, de utilidade para facer recubrimentos de vidros (de ventas) que cambian de color coa axuda dunha pequena corrente eléctrica. Tamén traballei con cátodos de baterías de litio, cos que continuei a traballar aquí cando volvín á UDC.
Toda esta investigación dou lugar a unhas cantas comunicacións a congresos internacionais e publicacións en revistas científicas, que é a maneira que temos os científicos de saber uns dos outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario